Un proxecto de:

Coñece máis sobre a iniciativa

 

Carta dos editores

Non hai moitas experiencias de xornalismo conxunto entre Galicia e o Norte do Portugal. As posibilidades de Internet como plataforma para desenvolver actividades xornalísticas en tempo real entre redaccións situadas en puntos distantes da xeografía pedían que se realizaran experiencias desta índole.

Gacetadominho.org é unha iniciativa que xurdiu da Dirección Xeral de Medios de Comunicación e Audiovisual da Xunta de Galicia, o proxecto Intereg II da Unión Europea, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e a FCCN - Fundação de Cálculo Científico Nacional (Portugal) para experimentar ó redor do xornalismo en Internet conducido a través do teletraballo.

Un proxecto en tempo real

Durante a semana do 9 e 13 de xullo do ano 2001, redaccións portuguesas e galegas traballaron de xeito conxunto na actualización en tempo real da Gaceta do Minho. A experiencia tiña por obxectivo analizar a realidade do teletraballo no xornalismo electrónico, as posibilidades de presentación multimedia no marco de Internet e a efectividade informativa nun medio electrónico.

O que hoxe ves é o producto deste traballo. A Gaceta do Minho foi deseñado como unha web pensada para usuarios con pouco coñecemento de Internet, de visión moi clara e sinxela e cunha curva de aprendizaxe rápida. Non desbotamos o uso do audio, do video, da infografía interactiva, pero integrámolos para facer o acceso máis doado e pensado en distintos usuarios con distintas posibilidades de conexión á rede.


As seccións da Gaceta

A sección de Actualidade recolleu o pulso da información medio ambiental de xeito global, con especial fincapé na información galega e do Norte de Portugal. As Reportaxes abordan con detemento cuestións da actualidade non estricta do sector.

En Roteiros, pensamos nun modelo que integrara medio ambiente, turismo e cultura de xeito multimedia, abordando en profundidade distintas zonas de especial interese natural.

As Guías buscan ser unha recopilatoria extensa dos recursos medio ambientais da eurorrexión. Agradecemos a colaboración da Federación Ecoloxista Galega, que nos forneceu a estructura básica e moitos dos contidos.

As Entrevistas buscan amosar diversas opinións de expertos sobre as cuestións do medio ambiente. Políticos, consultores e membros de asociacións ecoloxistas amosan a súa visión do medio ambiente na actualidade.

Protagonistas busca amosar a riqueza medioambiental da eurorrexión. Preséntanse animais característicos da nosa fauna e flora cunha ficha técnica e un mapa dos seus hábitats.

Non queriamos deixar a Gaceta do Minho sen referencias a guías de calidade sobre o entorno natural que se realizan a ámbolos dous lados. Deste xeito, os libros teñen unha presencia tamén na publicación. Unha zona relaxante e divertida da web son os Consellos, nos que se aporta información práctica sobre como aplicar o coidado do entorno á vida cotiá.

 


 

Libros:

 

Guía de espacios naturais de Galicia de Ignacio González. Roberto Fernández. Ilustrado con cincuenta fotografías en cor e máis de cen debuxos en branco e negro, esta obra proporciona información medioambiental exhaustiva dos lugares cercanos a nós.

 
Documentos:
Rede Natura 2000. Proposta de Galicia


O lobo ocorre em zonas pouco povoadas do interior de Portugal, da Espanha cantábrica e da Galiza.
Máis

O Uz é un arbusto que pode chegar ós 4 metros con tronco delgado e flexible e cunha cortiza é fina e con poucas gretas.
Máis

O Complexo dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán é un dos Parques Naturais máis espectaculares de Galicia.
Máis

O Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Carlos del Álamo, fala dos principais temas que afectan ó Medio Ambiente en Galicia.
Máis


Uma empresa (Suldouro) apostou num inovador esquema de recolha selectiva e valorização dos lixos. Numa zona de grande crescimento conseguiu produzir energia barata a partir do lixo.
Máis


A escolha correcta da iluminação é importante: aumenta o conforto; está a poupar dinheiro e está a preservar o ambiente.
Máis

 


As guías da Gaceta do Minho oriéntanche na busca de información e lecer medio ambiental e Galicia e Norte de Portugal.

Organizacións ambientalistas
.
Institucións e formación.
Revistas e boletíns.
Flora e fauna.

Parques naturais.
Vida sá.
Problemática actual e lexislación.
Directorios e varios.


 
Obtén información sobre como usar gacetadominho.org na nosa axuda


  As actividades máis interesantes relacionadas co Medio Ambiente están no noso taboleiro


  Accede desde aquí á nosa versión resumo en inglés