Un proxecto de:

Coñece máis sobre a iniciativa

 


Colabora
Envía os teus avisos ó taboleiro e move as actividades da túa asociación.

 

 

 

XII Xuntanza "Luis Freire" de Medio Ambiente

Esta actividade ten como obxectivo a difusión de traballos elaborados por mozas e mozas referidos ó Medio Ambiente. É por iso, que tódolos interesados en participar poden inscribirse na organización do evento por unha módica cantidade de 3.000 pesetas. Os relatores deben ser menores de 30 anos e os traballos poden ser expostos oralmente ou en panel. As comunicación serán publicadas nun libro.

O prazo de inscripción remata o 1 de outubro de 2001

Contacto: Dirección de Xeral de Xuventude
Edificio administrativo de San Caetano s/n blq.3 - 1º
15781 - Santiago de Compostela
http://www.xuventudegalicia.net


 

O Lixo tour percorre os barrios de Santiago

San Pedro, Fontiñas, Meixonfrío, A Almáciga, Vista Alegre, As Cancelas ou Aríns son algúns dos barrios composteláns que xa recibiron a visita do Lixo tour. O dúo de humoristas Mofa e Befa procuran co seu didáctico espectáculo educar ós veciños sobre a necesidade da separación dos resíduos para a súa reciclaxe. Con eles aprenderás que as botellas van no colector verde, os briks e plásticos no amarelo e o papel no azul. Iso si, cunha boa dose de gargalladas.

Nas vindeiras semanas o Lixo tour chegará a outros barrios da cidade.

Contacto: Concellería de Medio Ambiente do Concello de Santiago
Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro s/n
Santiago de Compostela


 

Concentración da Coordenadora Galega pola Defensa dos Ríos (COGADER)

A coordenadora Galega pola Defensa dos Ríos convoca unha concentración tódolos sábados ininterrompidamente na Praza de Galicia de Santiago. Esta acción pretende "chamar a atención sobre a importancia da conservacións dos ríos e para denunciar a permisiva política hidrolóxica da Xunta".

 

Viaxe ás illas Cíes

O Concello de Valadouro organiza visitas ó parque natural das Illas Cías. Os requisitos son ser un mozos ou unha moza con idades entre 13 e 30 anos.

Estas visitas celebraranse durante os mes de xullo.

Contacto: Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Valadouro.
R/Feira Nova 1, Ferreira do Valadouro C.P: 27770.
Tel: 982.574.000.
E-mail: ovaladouro@concellos.xunta.es



Ruta cicloturística pola Costa da Morte
Desde o 1 ó 15 de agosto I.N.I.C.E organiza rutas de cicloturismo pola Costa da Morte. Os requisitos son ter entre 18 e 30 anos e saber andar en bicicleta. O prezo é de 17.200 pesetas.

Contacto: I.N.I.C.E.
Telf: 923 264539




Rutas do programa "Corredoira verde"
Pernoctando na Serra do Caurel (7 e 8 de xullo). Costa da Morte (14 de xullo). Monte Caxado - Ortigueira (8 de setembro). Río Miño - Lugo Histórico (15 de setembro). Pernoctando na Serra dos Ancares (22 e 23 de setembro). Narón de Este a Oeste (29 de setembro).

Os requisitos inclúen ós destinatarios son persoas de tódalas idades a partires dos 10 anos. A inscrición farase no Rexistro Xeral de Entrada, de luns a venres, de 9 a 13 horas. Precio público polas 18 rutas ou fracción: 1.500 ptas /usuario.

Contacto: Concello de Narón. Servicio Sociocomunitario.
Estrada de Castela, 214-224. 15407 Narón.
Tel: 981 38 68 00 / 21 73 Fax: 981 38 67 90