Un proxecto de:

Coñece máis sobre a iniciativa

 




O reino da area

O Complexo dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán é un dos Parques Naturais máis espectaculares de Galicia. Representa o mundo do litoral, do mar salvaxe e das vizosas veigas das lagoas, e é unha mostra de como a explotación humana pode conxugarse co respecto á natureza. A zona é coñecida en Galicia pola gran duna que dá nome ó parque natural, as orixes da cal aínda non están completamente esclarecidos, e pola riqueza en aves de tránsito das dúas lagoas: Vixán e Carragal, empregadas polos paxaros como 'zona de descanso' nos seus desprazamentos entre África e Europa.

Habitado dende tempos prehistóricos, as corenta e seis hectáreas do parque recollen o importante acervo da cultura do litoral: mámoas, castros, ruínas de factorías de salazón e un gran número de lendas fan do parque un entorno de gran valor ecolóxico e cultural.

Moitos servicios, boas comunicacións e a infraestructura turística do Barbanza permiten disfrutar de tódalas posibilidades do parque. O complexo ten un coidado Centro de Interpretación onde explican detidamente a fauna, a flora e a cultura da zona.

Por Manuel Gago. Texto e fotos.

 


 

 


Panorama


Observa todo o Parque dende o mirador do monte Cidá (Ribeira) no noso panorama interactivo de 360º

Galería de imaxes
Percorre o complexo natural de Corrubedo a través das nosas fotografías.

Cultura
A zona de Corrubedo e a súa gran duna é depositaria dunha famosa e máxica lenda. Coñécea.

Hospedaxe
As mellores alternativas para durmir e pasar uns bos días no Parque Natural

Flora e fauna
Descubre as especies características dun hábitat costeiro e dunar.

Como chegar
As diferentes alternativas para chegar ó Parque.

Mapas

Unha perspectiva xeral do Parque